No marco da reunión que tivo lugar ao longo da mañá de onte entre representantes das principais Organizacións Empresariais e de Autónomos de Galicia e a directora xeral de Sociedade da Información, Helena Veiguela, Agestic presentou un amplo documento no que explica os motivos polos cales a implantación das TIC e de Internet, ao seu entender, “se están a retrasar entre o colectivo de autónomos e micropemes de Galicia, debido fundamentalmente ao descoñecemento de que son e para que serven”. Neste escrito, Agestic fai constatar que un 44,61 por cento dos membros do devandito colectivo “tan só ten un coñecemento mínimo das TIC” e que un 12,96 por cento “conta cun coñecemento nulo”. Asemade, engadiu que“un 60 por cento dos mesmos atópanse afastados das tecnoloxías, e descoñecen para que serven e o que poderían mellorar as condicións das súas empresas”. É por isto que Agestic, vénlle de propor á Consellaría de Innovación e Industria unha serie de medidas de información, formación, axudas, subvencións, realización de aplicacións a medida para certos colectivos (como os sector agrario, forestal, turismo rural, pequenos artesáns, carpinteiros, mecánicos…) e outras solucións de mobilidade e acceso ás TIC que lles faciliten a estes empresarios e autónomos galegos a súa plena integración na Sociedade da Información xa que, aseguran, “neles recae boa parte da riqueza empresarial de Galicia”. Os responsables desta iniciativa aseguraron, asemade, que se os devanditos colectivos e profesionais accedesen a implantar solucións informáticas, “serían máis competitivos e o seu efecto tractor faría que o mercado do software e do hardware se activase”. No mesmo documento, Agestic recoñece o “importante esforzo” que están a levar a cabo tanto a Xunta de Galicia como as Organizacións Empresariais, Sectoriais e Territoriais para estender a Sociedade da Información e superar a denominada fenda dixital, aínda que asegura que “a na aplicación das TIC polo tecido empresarial hai puntos febles de abondo”. Asemade, os autores do escrito aseguran que “se está a avanzar na implantación das infraestruturas de acceso pero que no medio rural aínda queda moito por facer” e conclúen afirmando que “é preciso apostar pola Sociedade da Información e o coñecemento, porque esta chegue a todos os colectivos de potenciais usuarios”. Dende Agestic recomendan “un esforzo especial” dende a Consellaría de Innovación cos autónomos e pequenos e medianos empresarios para que este colectivo mellore as súas condicións de competición no mercado.
Agestic proponlle a Innovación un catálogo de melloras para o acceso TIC dos autónomos
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- A Xunta destaca o modelo de goberno da IA en Galicia, que garante a reserva de humanidade, a transparencia e o control dos sistemas que emprega a Administración
- A Xunta pon en marcha unha nova edición das Xornadas Sobre Control Parental para fomentar un uso responsable da tecnoloxía
- A comunidade educativa do Colexio Juana de Vega comparte a súa experiencia de ensino híbrido no marco do proxecto E-Dixgal
- A Xunta renova os case 500 postos dixitais das oficinas rurais para adaptalos ás novas formas de traballo
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
