Nos últimos meses se comentaba a posibilidade de que os temas dos Beatles estivesen dispoñibles en xogos coma Guitar Hero ou Rock Band, e finalmente hoxe Apple Corps, Harmonix e MTV Games anunciaron o acordo polo que permitirán a integración da música do Beatles nun videoxogo musical.
O futuro xogo contaría coa aprobación de Paul McCartney, Ringo Starr, Yoko Ono Lennon e Olivia Harrison, á vez que Giles Martin tamén achegará a súa experiencia coma produtor musical a este novo proxecto.
O xogo dos Beatles chegará ao mercado en 2009 nunha data sen concretar e, aínda que non se concretou a marca baixo a que se colocará o mesmo, parece que estaremos ante un Rock Band: The Beatles como tamén aconteceu con AC/DC.
Harmonix desenvolverá o videoxogo dos Beatles
Compartir Este Artigo

