Os proxectores de vídeo son un dos produtos da electrónica de consumo que máis baixaron de prezo nos últimos anos, á vez que perderon peso coma opción de cine en casa ante o incremento das pantallas TFT e de plasma, pero este tipo de trebellos poden resultar de moito interese para usuarios móbiles que queiran realizar presentacións públicas, e incluso se pode aproveitar a obsolescencia dalgúns trebellos para ofertalos a prezos moi atractivo, e así puidemos ver coma nos EE.UU. se vendía un proxector persoal de Olens por 179 dólares (uns 140 euros) o que é unha opción de grande interese aínda que non ofreza unhas prestacións destacables, xa que a súa resolución é de só 640 x 480 píxeles e a súa lámpada só soporta 300 horas de vida (aínda que inclúe outra lámpada adicional de serie).
Este proxector pode xerar unha imaxe de ata 70 polgadas de diagonal, chegándolle 2 metros de separación para crear unha proxección de 50 polgadas nun ambiente escuro (só ten 300 lúmenes). Tamén integra altofalantes, conta con entradas de vídeo composto, S-Video e VGA e as súas medidas son de 390 x 200 x 103 milímetros (encaixando bastante ben sobre unha torre dun ordenador).
Teriamos así un dispositivo a medio camiño entre os proxectores de vídeo de gama baixa e os pico-proxectores, que destaca principalmente polo seu baixo prezo.

Olens vende nos EE.UU. un proxector de vídeo de baixísima gama
Compartir Este Artigo

