O éxito de Wii Fit levou a Electronic Arts a preparar o seu propio xogo de exercicios aeróbicos para Wii, EA Sports Active, que sairá na primavera de 2009 a 59,99 dólares xunto cuns accesorios que se conectarán aos controladores da consola e ao corpo do xogador.
EA Sports Active incorpora sobre 20 exercicios, así como ferramentas de fitness (coma un contador de calorías e un programa de perda de peso en 30 días). Non precisará da táboa de equilibro de Wii Fit (aínda que poderá facer uso da mesma) e os exercicios a realizar son bastante diferentes aos do xogo de Nintendo, orientándose máis ao movemento do corpo coma se estivésemos nunha clase de aerobic, parecendo a primeira vista unha mestura entre o Wii Sports e o Wii Fit, polo que ten os compoñentes necesarios para ser todo un éxito comercial.
Vídeo promocional do EA Sports Active

