O xogo de Media Molecule LittleBigPlanet non só quere ser o grande éxito para PlayStation 3, senón que tamén quere que os seus personaxes se fagan populares, para converter ao popular Sackboy nunha figura da cultura pop coma Mario ou Sonic, o que parece que está a funcionar, pois a reprodución en forma de boneco desta figura está esgotada en tendas en liña, pero os británicos poden optar por unha curiosa alternativa, xa que o carismático personaxe saltou da consola ás revistas de calceta, feito do que non coñecemos precedentes.
No número 49 de Simply Knitting se publican as instrucións detalladas de cómo facer o noso propio Sackboy seguindo as pautas marcadas polo deseñador Alan Dart, conseguindo un acabado bastante superior que o boneco oficial vendido por Taito no Xapón, coa vantaxe adicional de que a personalización da reprodución feita na casa é moi elevada, respectando así o espírito do xogo (que anima aos usuarios a personalizar os seus personaxes e decorados).
O deseño de Alan Dart non é oficial, pero iso non lle resta calidade, e resultará curioso ver cómo os afeccionados aos videoxogos se achegarán ao mundo da calceta aínda que sexa só para facerse cunha reprodución cun dos personaxes virtuais máis populares dos últimos tempos.
Unha revista británica explica cómo facer un Sackboy de calceta
Compartir Este Artigo

