O xogo Warhammer Online vai introducir no seu mundo virtual unha innovación que realmente sorprende, xa que están a preparar unha localización na que van colocar estatuas que representarán aos mellores xogadores, o que sería a súa inmortalización en pedra… virtual.
As estatuas estarán situadas nunha das importantes cidades do mundo virtual e se prevé a súa instalación a través da actualización 1.1 do xogo que chegará este mes, aínda que non se precisou unha data exacta.
Segundo parece as figuras de granito serán dinámicas, polo que os xogadores que desexen que a súa homenaxe virtual permaneza visible deberán esforzarse para permanecer neste corredor da fama.
Warhammer Online premiará aos mellores xogadores con estatuas virtuais
Compartir Este Artigo

