No mes de outubro se confirmou oficialmente a preparación do xogo Guitar Hero: Metallica e agora podemos ver cómo lucirá o novo xogo grazas a un artigo publicado en USA Today, onde se recollen imaxes do xogo que chegará para Xbox 360, PS3, PS2 e Wii na primeira metade de 2009.
O guitarrista do grupo, Kirk Hammett, declarou que «somos un grupo moi orientado á guitarra, penso que estabamos destinados a facer algo con Guitar Hero» mentres que o batería Lars Ulrich detalla que o xogo terá «un elemento histórico que inclúa algunha das nosas memorables xiras, aínda que sen seguir unha orde cronolóxica (..) sería máis como unha comparación entre o presente e cómo eramos en 1986».
O xogo comezará con 2 cancións interpretadas por Metallica, tralo que os xogadores poderán crear o seu propio grupo, de xeito que aspirarán a acompañar á banda de rock durante a súa xira, de xeito que terá unha dinámica de xogo que o diferenciará da fórmula empregada por Guitar Hero: Aerosmith.
Primeiras imaxes do Guitar Hero: Metallica
Compartir Este Artigo

