Hai pouco chegou ás tendas o xogo para PC The Abbey polo que pode sorprender que paralelamente o estudo InGnius estea a traballar o xogo El Enigma de la Abadía, que chegará para PC, Xbox 360 e PlayStation 3, e pretende ser unha versión non oficial do libro de Umberto Eco O Nome da Rosa como tamén fixera a finais de 1987 o xogo La Abadía del Crimen, considerado por moitos como un dos mellores títulos desenvolvidos en España (así coma un dos mellores xogos para ordenadores de 8 bits).
O novo título está a desenvolverse empregando un motor gráfico en 3D de nova xeración, e tamén adaptará a mecánica do xogo aos tempos que corren, de xeito que achegará máis liberdade que La Abadía del Crimen á vez que engadirá desafíos secundarios e incluso finais alternativos, o que garantirá moitas horas de xogo e tampouco prescindirá de modo en liña e/ou cooperativo.

El Enigma de la Abadía quere recuperar o espírito de La Abadía del Crimen
Compartir Este Artigo

