Scripta vende por 139 coroas danesas (uns 18 euros) unha funda para o iPod nano 3G (en xaneiro sacarán unha versión adaptada para a versión 4G do reprodutor) que aparte de protexer externamente o dispositivo tamén inclúe un pequeno caderno semellante a unha moleskine para tomar anotacións.
O iPod notesbog conta tamén un burato para sacar os auriculares do iPod nano, o que permite o seu uso mentres está dentro deste caderno. Aínda que non se deseñou para tal fin, converter o iPod nunha moleskine pode ser un orixinal sistema anti-roubo, xa que camuflará o caro reprodutor multimedia nun produto que non ten ningún atractivo para os amantes do alleo.

Funda para converter o iPod nano nunha moleskine
Compartir Este Artigo

