Pese a que aínda non coñecemos o resultado das vendas desta temporada de Nadal en España, grazas aos datos británicos podemos facer unha translación dos xogos que están a ser un éxito rotundo nestas festas, e segundo publica Gfk-ChartTrack o xogo máis vendido está a ser o FIFA 09, o que non debería sorprender a ninguén, pois a súa franquía xa que é a sexta vez nos últimos 8 anos na que consegue tal honra (aínda que en España o Pro Evolution Soccer tamén consegue bos resultados de vendas).
O segundo xogo máis vendido estes días no Reino Unido sería Call of Duty: World at War, seguido por Mario Kart Wii, Need For Speed Undercover, Brain Training, Wii Play, Quantum of Solace, El Profesor Layton y la Villa Misteriosa, Tomb Raider Underworld e Wii Fit. Vemos así que o público non arrisca nestas datas, e os xogos que se venden (moitos como obxecto de agasallo) son bastante tradicionais, con sagas de longa vida (FIFA, Call of Duty, Need For Speed e Tomb Raider) e algúns xogos que manteñen as súas boas vendas durante todo o ano (Mario Kart Wii, Wii Play, Brain Training e Wii Fit).
O FIFA 09 arrasa nas vendas de Nadal
Compartir Este Artigo

