
A nova familia sairá á venda o vindeiro mes, e está formada polos modelos Camileo S10, con 18 milímetros de ancho, un peso de só 120 gramos polo que se pode levar no peto e só custará 149 euros; a Camileo P30, que serviría coma cámara de viaxe, cun zoom óptico de 5x, 128 Mb de memoria interna e a posibilidade de gravar en tarxetas SD, que se venderá por 199 euros; e finalmente a Camileo H20, que por 249 euros achegará unha cámara bastante completa, cunha pantalla de 2,5 polgadas e case equivalente ás cámaras de vídeo actuais.
Calquera destas cámaras sería máis que axeitada para gravar contidos pensando na súa publicación en YouTube, pero o feito de que poidan capturar vídeo en Full HD é un grande atractivo de cara ao futuro, xa que as súas gravacións servirían para ver vídeo de alta calidade no ordenador, no Blu-ray ou noutros soportes.
Novas cámaras de alta definición e baixo custo de Toshiba
Compartir Este Artigo

