Imaxe dunha presentación anterior da conexión a 100 Mbps de RDende o pasado 1 de decembro algunhas zonas de A Coruña, Vigo e Lugo gozan xa da posibilidade de contratar conexións de banda larga de 30 e 100 Mbps a través do operador de cable galego R grazas ao uso de tecnoloxía DOCSIS 3.0, e para permitir que os lugueses poidan ver en primeira persoa as posibilidades desta oferta comercial este martes entre as 13:00 e 14:00 horas no local Puro Teatro sito no número 2 da rúa Castelao poderán ver unha presentación na que se probará o servizo de 100 Mbps, se experimentará coas grandes velocidades de navegación, no tempo de envío de arquivos e mesmo na visualización de vídeos en alta definición nunha pantalla de 40 polgadas. Tamén se aceptarán preguntas dos presentes.