Pensando no uso dun ordenador persoal coma reprodutor multimedia (algo bastante habitual, especialmente en combinación cos televisores actuais, que en moitos casos teñen entrada para o sinal do PC) na popular tenda en liña Brando venden un teclado sen fíos de 78 teclas (con 20 teclas multimedia adicionais) que mide 26,2 x 11,2 x 2,1 centímetros, pesa 263 gramos e resulta especialmente atractivo por integrar un trackball, o que facilita o uso da interface do PC dende certa distancia.
O teclado funciona en Windows 2000/XP/Vista valéndose dun receptor de radiofrecuencia USB e aliméntase de dúas pilas AAA. O seu prezo de venda é de 48 dólares (uns 36,96 euros) e chegará á tenda en liña a finais de mes.
Teclado sen fíos para o control multimedia (e cun prezo moderado)
Compartir Este Artigo

