Esta semana incorporouse ao Bazar de Xbox LIVE o xogo Minesweeper Flags, o que sorprende a moitos usuarios que non agardaban que un clásico coma o Buscaminas puidese adaptarse á consola de alta definición de Microsoft, aínda que ao ver as novidades que incorpora poden entender mellor que se venda por 400 puntos (4,8 euros).
Minesweeper Flags ten 3 modos de xogo (clásico, campaña e bandeiras), permite ata 4 xogadores en local ou a través de Xbox LIVE, mapas nos que existen zonas a marcar que non teñen forma cadrada e incluso unha perspectiva tridimensional para xogar. Unha interesante renovación de todo un xogo de referencia que tamén conta con versión de demostración para que os máis fieis á versión de Windows do Buscaminas poida catar se as novidades incorporadas á versión de Xbox 360 pagan a pena.
O Buscaminas chega á Xbox 360
Compartir Este Artigo

