En 1988 os afortunados que tiñan un Spectrum, un Amstrad CPC ou un MSX podían gozar dun xogo de Dinamic protagonizado por un repartidor de embutidos que ao comer unhas morcillas modificadas organicamente convértese no superheroe Capitán Sevilla, que con moita forza e pouco cerebro deberá loitar contra os seguidores do malvado profesor Torrebruno, que quere dominar o mundo.
Agora, os que queiran rememorar este vello xogo de plataformas poden descargar de balde o seu remake para Windows e Linux, desenvolvido principalmente por Luis I. García Ventura e Daniel Celemín García, que deron unha aparencia que adorarán os nostálxicos, con píxeles coma puños e un efecto de scanlines que pretende lembrar a aparencia dos xogos das vellas máquinas recreativas.
Vídeo de demostración do remake do Capitán Sevilla
Publican un remake do Capitán Sevilla de Dinamic
Compartir Este Artigo

