Hoxe chega ao Bazar de Xbox LIVE o segundo episodio adicional descargable de Tomb Raider: Underworld que baixo o título de La Sombra de Lara inclúe novas misións, así como unha nova aparencia máis escura de Lara Croft. Este contido poderase adquirir por 800 puntos (9,6 euros) e está a ser considerado como un xeito de converter o último xogo de Tomb Raider nunha copia do último Prince of Persia, pois a aventura pasaría a centrarse en combates multitudinarios (contra uns monstros moi característicos), correr (incluso polas paredes) e saltar facendo uso de máis velocidade (podendo facer que o tempo vaia máis amodo) e forza do que é habitual nesta saga de xogos, o que moitos recibirán coma un sopro de aire fresco.
Queda claro que esta expansión do xogo supón unha importante modificación que pode ser do agrado de moitos por non limitase a incluír novas peles para Lara e novos escenarios nos que continuar o xogo principal.
Vídeo no que o equipo de desenvolvemento de La Sombra de Lara presenta esta expansión

