Hoxe chegou finalmente ao Bazar de Xbox LIVE a demo de Ninja Blade, pese a que os xaponeses xa podían descargala dende o pasado 29 de decembro, e o xogo xa está á venda nos mercados asiáticos aínda que en Europa teremos que agardar ao 3 de abril para poder adquirilo, o que resulta un tanto absurdo pois as edicións dispoñibles para a importación non teñen protección rexional e incluso poden adquirirse a un prezo considerablemente inferior ao que terá o xogo nas tendas españolas.
Deixando a un lado a política de comercialización deste título, hai que recoñecer que a súa versión de demostración é espectacular, colocándonos na pel de Ken Ogawa, un ninja que debe defender as rúas de Tokio ante unha ameaza bacteriolóxica que converte a persoas e animais en seres monstrosos e altamente perigosos. A violencia é unha das marcas de identidade deste título que pode lembrar a Ninja Gaiden II e a Devil May Cry 4, recoñecendo os seus responsables que utilizaron como inspiración ese tipo de xogos para crear un produto que, aínda que diste doutros grandes xogos que chegan estas semanas ás vendas, permite unha descarga de adrenalina que satisfará aos seguidores deste tipo de beat ‘em up no que os gráficos son impresionantes e tamén hai que facer uso de quick time events para superar algúns dos inimigos nos momentos máis expectaculares.
Xa está dispoñible a demo de Ninja Blade
Compartir Este Artigo
