Os xogos como Left 4 Dead axudan a mellorar a agudeza visualUn estudo da Universidade de Rochester (EE.UU.) dirixido por Daphne Davelier, e publicado pola revista Nature Neuroscience sostén que os videoxogos de acción en primeira persoa (FPS) incrementan a vista, especialmente no tocante á sensibilidade ao contraste, de xeito que axudarían a distinguir os cambios de cor e sobras sobre un fondo uniforme. Esta capacidade pérdese coa idade, e resulta crucial para actividades coma conducir de noite, resultando sorprendente que sexa posible mellorala con videoxogos de acción, cando a propia Bavelier asegura que «esta non é unha habilidade que a xente agarde mellorar co adestramento», engadido que «o efecto positivo mantense durante meses, incluso anos, despois do adestramento, indicando beneficios a longo prazo». Os participantes do estudo dividíronse en dous grupos que xogaron durante 50 horas a Call of Duty e a outro xogo que non era de acción, e no primeiro caso manifestáronse unhas melloras na sensibilidade ao contraste do 43% (quedando como estaba o grupo de xogadores que empregou un xogo pasivo). Enténdese así que xogar a títulos coma Call of Duty, Counter-Strike ou Left 4 Dead, serían beneficiosos para a agudeza visual, o que estaría provocado polo feito de que neste tipo de xogos hai que recoñecer elementos móbiles entre sombras, axudándonos a forzar o cerebro a interpretar pequenos cambios nas imaxes que percibimos a través da retina.