A PlayStation 3 contará este ano cun grande título chamado Heavy Rain, que promete ser unha revolución, cuns gráficos de infarto polo seu realismo e un trama argumental que podería ser completa e sorprendente (a tenor das declaracións dos seus responsables, que definen o proxecto como unha película interactiva), pero unha das súas características a ter en conta é que vai dobrarse ao español, e non por actores descoñecidos, senón que entre as súas voces estarán os televisivos Tito Valverde (El Comisario) e Michelle Jenner (Los Hombres de Paco).
Jenner comentou sobre a súa labor no xogo de Quantic Dream que «cando vin as primeiras imaxes do videoxogo, impactáronme tanto que dende o comezo sentinme moi cómoda na dobraxe».
O xogo continúa sen data de lanzamento, pero será un dos grandes títulos exclusivos para a consola de Sony no presente ano.

Tito Valverde e Michelle Jenner participan na dobraxe de Heavy Rain
Compartir Este Artigo

