A revista Nintendo Power dedica no seu último número varias páxinas ao futuro xogo Rabbids Go Home, protagonizado polos coellos tolos de Rayman, que desta volta non serán os protagonistas dunha colección de minixogos, senón que será un título de plataformas e acción para Wii, que consistirá na viaxe destes personaxes ao seu novo fogar, a lúa, para o que recollen lixo para crear unha torre que lles permite chegar ao noso satélite.
O xogo permitirá o uso de dous coellos á vez (un co Wiimote e outro co nunchuck, de xeito que un empurra un carriño de supermercado á vez que o seu compañeiro recolle o lixo que atopa no seu camiño).
Estariamos ante un cambio radical e moi arriscado, xa que este novo xogo nin segue a liña dos primeiros xogos de Rayman, nin encaixa nos últimos títulos dos Rabbids, polo que haberá que agardar a velo en acción para ver se paga a pena, ou entra a formar parte da inmensa pila de xogos para Wii que non deberían ter visto nunca a luz do día.
Os coellos tolos de Rayman terán un novo xogo para Wii
Compartir Este Artigo

