Para quen non teña suficiente coa gravata que inclúe unha cámara espía de Thanko, dende Brando tamén venden un dispositivo que pode operar a xeito de micrófono oculto valéndose da rede de telefonía móbil.
O Tiny SIM Card Spy Ear é un dispositivo de 1,5 x 3 x 4 centímetros e 33 gramos de peso no que podemos introducir unha tarxeta SIM para funcionar, e que na práctica vén a ser algo semellante a un móbil con mans libres, pero sen auricular/altofalante, ou sexa, que cando alguén chama ao seu número de teléfono, descolgarase automaticamente, e así poderemos escoitar o que se oe ao seu redor alí onde estea agochado.
Este trebello non é nada revolucionario (os micrófonos espía caseiros empregan este concepto dende hai tempo) pero achega esta posibilidade ao público xeral, pois está á venda por só 65 dólares (49,98 euros).
O dispositivo conta cunha fenda para introducir unha tarxeta SIM, e tamén cun porto USB para cargar a súa batería interna.
Micrófono espía baseado na telefonía móbil
Compartir Este Artigo

