
Esta unidade pode mercarse en dúas configuracións distintas: unha de 250 Gb de capacidade, pensada para o seu uso nun único equipo e cun prezo duns 130 dólares; e outra de 500 Gb que podería conectarse a unha base e sería capaz de manter copias de varios ordenadores por un prezo duns 200 dólares.
A primeira copia de seguridade dun equipo pode levar uns 40 minutos (dependendo do ocupado que estea o noso disco duro) e en seguintes sincronizacións o sistema realizará copias incrementais, actualizando só a información modificada. No caso de fallo do noso disco duro principal, Replica permitirá restaurar o sistema ao estado no que se atopaba na súa última copia de seguridade, para tranquilidade do usuario.
Este disco duro é de só 5.400 rpm, comunícase co PC a través de USB 2.0 (ata 480 Mbps), mide 142,60 x 101,28 x 18,20 milímetros e pesa 0,26 quilos.
O disco duro Replica de Seagate fai copias de seguridade completas do noso PC
Compartir Este Artigo

