
O peche de 3D Realms non afectaría ao desenvolvemento de Duke Nukem Trilogy, pois sería responsabilidade de Apogee Software. Entendemos que 3D Realms chegou a esta situación ante a imposibilidade de acadar ingresos que permitisen manter ao seu cadro de persoal, e aínda que a compañía non fixo ningún comunicado especial, entendemos que o feito de que nos últimos anos non publicasen xogos elaborados por eles mesmos (Prey, a súa última produción, tivo que ser rematada por Human Head Studios) supuxo unha lousa sobre a compañía.
Trailer da nova Duke Nukem Trilogy
Pecha o estudo responsable de Duke Nukem Forever
Compartir Este Artigo

