A serie de televisión de Star Wars: The Clone Wars (emitida en España por Antena 3) estaba a ser explotada nos videoxogos só por Nintendo nas súas consolas doméstica e portátil, pero a cousa vai cambiar, e finalmente anuncian que o xogo Héroes de la República de LucasArts e Krome Studios sairá en setembro para PlayStation 3, PlayStation 2, Xbox 360, PC, PSP, Nintendo DS e Wii.
O novo xogo permitirá encargar a cabaleiros jedi (coma Anakin Skywalker, Obi-Wan Kenobi, Mace Windu ou Kit Fisto) e soldados clon durante 30 millóns exclusivas, nunha historia totalmente nova que fai de ponte entre a primeira e segunda tempada da serie de televisión. Os xogadores deberán perseguir ao misterioso cazarrecompensas Cad Bane e combater ao novo malvado Kul Teska (de Skako).
Héroes de la República permitirá facer uso da Forza e contará con modo multixogador cooperativo, e presentará unha aparencia moi acorde coa serie televisiva coma podemos comprobar co seu primeiro trailer:
O novo xogo de Star Wars será multiplataforma
Compartir Este Artigo

