Xa están nas tendas españolas os novos televisores LG LH5000, que en tamaños de 37, 42 e 47 polgadas achegarán aos salóns domésticos a tecnoloxía TruMotion 200 Hz de LG, que mellora a calidade de imaxe da pantalla.
Estes televisores tamén contan con 4 portos HDMI, 4 altofalantes de 20 W, sintonizador de TDT de alta definición, menú Picture Wizard (facilitando a realización de axustes da pantalla Full HD para adaptala ás condicións ambientais e aos contidos amosados), función Scanning Backlight (que mellora a nitidez e reduce o desenfoque por movemento), modo 24p Real Cinema (especialmente interesante para a reprodución de películas de Blu-ray) e incluso coa posibilidade de reproducir vídeo dende un disco duro ou unha memoria USB, soportando múltiples formatos entre os que están os distintos tipos de MPEG, MP4, AVI, HD DivX e mesmo con soporte para ficheiros que empreguen o contedor Matroska (.mkv), o máis utilizado nas películas en alta definición que circulan pola Internet.
Os televisores LG LH5000 permiten reproducir vídeos MKV
Compartir Este Artigo

