MTV Games e Harmonix poderían estar a traballar nun hipotético Pearl Jam Live: Rock Band para 2010, seguindo os pasos do AC/DC Live: Rock Band, o que máis que un novo xogo de Rock Band foi unha simple edición do mesmo cunha listaxe de cancións dunha banda en concreto. Esta información chegou dende a propia páxina web do grupo, onde publican unha listaxe de temas musicais da formación interpretados en directo, e convidan aos seus seguidores a elixir as mellores versións de cada un (para o que precisan do reprodutor Rhapsody).
Deste xeito, as versións de cada canción que conten con máis reproducións serán as elixidas para integrarse no futuro xogo.
Pearl Jam podería contar cun Rock Band de seu en 2010
Compartir Este Artigo

