
Por unha banda, Interead presentou os seus dispositivos COOL-ER, que teñen unhas medidas de 18,3 x 11,8 x 10,9 centímetros e un peso de 178 gramos e están dispoñibles en cores moi rechamantes (vermello rubí, azul ceo, rosa claro, rosa escuro, prata, violeta vívido, verde carreira e negro) que os fai parecer da familia dos iPod de Apple.Contan cunha pantalla de 6 polgada con tecnoloxía E-Ink, cunha resolución de 170 puntos por polgada e 8 niveis de gris. Funcionan co sistema operativo Linux, poden gardar 1 Gb de datos na súa memoria interna ampliable mediante tarxetas SD ata 4 Gb, as súas baterías recargables danle unha autonomía suficiente para a lectura dunhas 8.000 páxinas, len documentos JPEG, PDF, EPUB e TXT e estarán á venda a partir do vindeiro día 29 a 225 euros.
Por outra banda tamén sairá durante o verán o novo BeBook mini, dispositivo cunha pantalla de 5 polgadas que estará á venda por só 199 euros e ao que seguirá o BeBook 2, que terá pantalla de 6 polgadas, Wi-Fi e 3G, o que disparara o seu prezo ata os 400 dólares.

Os COOL-ER preséntanse coma uns lectores de libros electrónicos máis coloridos
Compartir Este Artigo

