
Emmanuel Mázquez, un dos máximos responsables de GRIN Barcelona, asegurou que o peche da súa oficina (nin da que teñen en Gotemburgo, responsable do xogo de Terminator) vaia a ser inminente, aínda que recoñeceu que están a reorganizar a compañía.
Hai que recoñecer que os títulos que lanza a compañía non están a ter tan boa acollida como inicialmente se podería pensar, e aínda que o Bionic Commando Rearmed fose un xogo excelente, iso non compensou as duras críticas a Terminator: Salvation (visto como unha mera adaptación dunha película) e Wanted: Weapons of Fate (acusado de ser excesivamente breve, sendo posible rematalo nunhas 5-8 horas) de xeito que non recomendaban a súa compra (lembremos que as súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3 custan 59,95 euros, polo que achegarían unha diversión moi cara). O novo Bionic Commando era unha forte aposta, pero aínda que é unha interesante aposta pola renovación desta vella franquía, non convence como para ser considerado un grande xogo (que sairá á venda en España a primeiros do mes que vén).
Periga o futuro de GRIN Barcelona
Compartir Este Artigo

