A Nintendo DS xa ten un podómetro grazas á aplicación Camina Conmigo, pero esta tecnoloxía non vai quedar relegada a un único produto, senón que dende Nintendo a van a aproveitar para crear o Poké Walker, que é un podómetro que lembra ao Pokémon Mini e que pode transportar virtualmente a un Pokémon que elixamos dos remakes de Pokémon Oro e Pokémon Plata, de xeito que os nosos pasos servirán para darlle experiencia, servíndolle de adestramento, así como para sumar watts (que axudan a capturar novos Pokémon e atopar ferramentas).
Sorprende que este novo lanzamento non fose mencionado durante o E3, sendo o programa televisivo nipón Pokémon Sunday TV o que dese esta información. Os xogos co podómetro chegarán ao Xapón no outono, sendo unha incógnita a data na que chegarán a Europa.

Nintendo quere que leves a Pikachu de paseo
Compartir Este Artigo

