O vindeiro día 26 chegará ás tendas españolas un novo pack da consola portátil de Sony incluíndo o xogo Monster Hunter Freedom Unite, pertence a unha saga que consegue unhas vendas elevadísimas no Xapón, pero que en terras europeas non parecía espertar moito interese, o que sempre pode cambiar ao coñecerse o seu bo funcionamento asiático.
O paquete inclúe, aparte do xogo mencionado, unha consola PSP-3000 de cor Mystic Prata, unha funda de Monster Hunter para levar a PSP, unha tela especial para limpar a pantalla e un skin do xogo.
Chegará ás tendas á vez que o xogo solto, pero resulta interesante ver como, pese ao anuncio da PSP Go, a anterior PSP continúa a comercializarse con normalidade, deixando claro que ambas consolas serán produtos paralelos.
Anuncian un pack de PSP co xogo Monster Hunter Freedom Unite
Compartir Este Artigo

