Hillcrest Labs vén de achegar ao mercado o seu dispositivo apuntador Loop, que é unha especie de rato informático con forma de pulseira que se suxeita coa man, e que permite mover o cursor na pantalla xirando o pulso, o que sería cómo para usuarios que conecten o seu ordenador ao televisor para navegar pola web ou reproducir contidos multimedia.
O Loop conta con botón e mesmo con roda de desprazamento, comunícase co PC sen fíos grazas a un receptor USB 2.0 de pequeno tamaño (compatible con PC e Mac sen precisar dun controlador específico) e finalmente está á venda por 99 dólares (71,52 euros).
Este revolucionario dispositivo a medio camiño entre un rato e un Wiimote pode servir tanto coma substituto dun rato informático, como para realizar presentacións de PowerPoint, aínda que tamén pode utilizarse para controlar o navegador web da PlayStation 3, para moverse entre os contidos almacenado nun Apple TV ou para manexar un reprodutor de alta definición Kodak Theatre.
Novo dispositivo de control sen fíos
Compartir Este Artigo

