Os nostálxicos da vella consola de videoxogos Mega Drive de SEGA poden lembrar os pasado adquirindo a partir do 25 de xullo por 49,99 dólares (35,46 euros) a consola portátil Retro Gen de Innex, que permite gozar de vellos títulos da consola de SEGA en cartucho ou adquiridos mediante descarga e gravados nunha memoria SD e cargados graza a un cartucho especial (para o que integra tecnoloxía Firebox).
A Retro Gen conta con batería recargable por USB, cruceta, 6 botóns e incluso saída de televisión, de xeito que podemos empregala tanto de xeito portátil coma no vello televisor de tubo para lembrar de xeito máis fiel a experiencia de xogo de títulos clásicos.
Reportaxe sobre a tecnoloxía Firebox e a Mega Drive portátil
Consola portátil compatible con xogos de Mega Drive
Compartir Este Artigo

