Durante a súa intervención na Worldwide Partner Conference deste ano, o conselleiro delegado de Microsoft, Steve Ballmer, en vez de ser o encargado de facer os grandes anuncios do evento, dedicouse a elevar a temperatura do ambiente, animando aos colaboradores da súa compañía a continuar a apoialos, destacando que están a vivir «o ano máis fenomenal para lanzamentos de novas tecnoloxías» o que constatan produtos coma o buscador Bing, o Proxecto Natal para a Xbox 360, Windows 7, Internet Explorer 8, Silverlight 3.0 ou Office 2010, non podendo evitar comentar case a xeito de burla que Google anunciase xusto a semana pasada (¿intentando eclipsar os novos anuncios de Microsoft?) o lanzamento de Google Chrome OS para dentro de máis dun ano.
Ballmer criticou que Google estea a apoiar a 2 sistemas operativos distintos (Android e Chrome) pois non considera necesaria tal diversidade, o que Microsoft xa aprendeu hai anos ao comercializar simultaneamente Windows 95 e Windows NT (política que corrixiron con Windows XP e sucesivos sistemas). Incluso destacou que a metade do tempo que pasa un usuario diante do ordenador non está a utilizar un navegador web, polo que centrar un sistema operativo neste uso en concreto non parece atinado para o conselleiro delegado da compañía de Redmond.
Ballmer resalta ante os seus partners a cantidade de lanzamentos que está a facer Microsoft este ano
Compartir Este Artigo
