
Con esta presentación dáse a coñecer parte do traballo desenvolvido polo equipo de investigación, integrado por investigadores das tres universidades galegas, nos últimos anos referente ao estudo das vítimas da represión franquista entre 1936 e 1939.
A base de datos «dista de ser definitiva, nin polo número, nin polo tempo que durou a represión da ditadura, nin polas formas que esta adquiriu» pois «os datos presentados están criticados, cruzados entre diferentes fontes e sometidos polo tanto a unha contrastación e validación que non sempre é doada».

Nos vindeiros anos, o equipo do proxecto dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Emilio Grandío (A Coruña), Mª Jesús Souto (Lugo), Julio Prada (Ourense), Dionisio Pereira (Pontevedra) e Xosé Manoel Núñez (Galicia Exterior) ampliará, nunha segunda fase de desenvolvemento da investigación a cronoloxía das súas pescudas abordando os primeiros anos da instauración do réxime franquista a partir de 1940.

Presentan unha base de datos de vítimas da guerra civil e a represión en Galicia
Compartir Este Artigo
