En 1984 editouse un falso documental titulado This Is Spinal Tap, no que contábase a historia dun grupo de heavy metal ficticio, con moitos toques de humor inspirados en boa medida en anécdotas de formacións musicais reais. Spinal Tap logrou converterse nunha banda de culto, protagonizando distinta aparicións en programas de televisión, dando concertos reais e incluso dando o primeiro concerto na vida de Bart Simpson.
En 2006 chegaron a incluír o seu tema Tonight I’m Gonna Rock You Tonight no videoxogo Guitar Hero 2, e agora dan un paso máis nesta dirección engadindo 11 dous seus temas extraídos do seu novo CD Back From The Dead á tenda de descargas de Rock Band 2, que dende hoxe están dispoñibles para Xbox 360 e Wii, tendo que agardar os usuarios da PS3 ao vindeiro xoves para mercar estes temas.
No Bazar de Xbox LIVE cada canción está á venda por 160 puntos (1,92 euros), aínda que tamén poden mercarse en grupo por 1.440 puntos (17,28 euros). Concretando, os temas de Spinal Tap que integraranse ao catálogo de Rock Band 2 son os seguintes: – (Funky) Sex Farm – (Listen to the) Flower People (Reggae Stylee) – America – Big Bottom – Cups and Cakes – Gimme Some Money – Heavy Duty – Hell Hole – Rock ‘n’ Roll Creation – Stonehenge – Tonight I’m Gonna Rock You Tonight
Mostra das cancións de Spinal Tap incorporadas ao catálogo de Rock Band 2
Spinal Tap leva a súa música ao Rock Band 2
Compartir Este Artigo

