Dende hoxe e ata o domingo recala na explanada de Riazor (fronte ao Pazo dos Deportes) as catro carpas que acollen á xira de presentación do videoxogo Wii Sports Resort de Nintendo que percorrerá o norte de España, e que comeza precisamente na cidade herculina.
Dende as 11:30 e as 21:30 horas será posible probar en primeira persoa as posibilidade deste novo xogo que en pouco máis dunha semana conseguiu vender máis de 600.000 copias en Europa, e que permite o uso do accesorio Wii Motion Plus, que mellora a sensibilidade e a precisión do mando da Wii, de xeito que podemos practicar con máis realismo os deportes incluídos no novo líder de vendas de Nintendo (espada, wakeboard, frisbee, tiro con arco, baloncesto, tenis de mesa, golf, birlos, moto acuática, piragüismo, ciclismo e voo).

A xira promocional de Wii Sports Resort chega á Coruña
Compartir Este Artigo

