Milleiros de usuarios de ADSL de España experimentaron problemas coas súas liñas durante esta tarde por mor dunha incidencia localizada no Brasil na que realizouse «unha publicación anormal de rutas» que afectou á interconexión de varios routers de varias operadoras, o que xerou a lentitude extrema do servizo e milleiros de desconexións nas liñas de abonados de toda España tanto de Telefónica coma doutras operadoras.
A incidencia tivo lugar entre as 20:06 horas e as 21:22 horas, solucionándose o problema ao longo da noite.
Problemas co ADSL en España por mor dunha incidencia internacional
Compartir Este Artigo
