O xogo Transformers la Venganza de los Caídos non é un título que destacase nas tendas este verán, pero o seu contido descargable está a marcar a diferenza, de xeito que os usuarios de Xbox 360 e PlayStation 3 da adaptación da película do mesmo nome poderán incorproar ao xogo novos mapas multixogador, un novo modo de dificultade, novos fondos e, especialmente, novos personaxes, entre os que estaría a versión dos robots que se vía na serie orixinal dos Transformers (tanto na serie de animación coma nas propias figuras de acción).

A película dos Transformers tamén sairá en DVD e Blu-ray no outono (o 20 de outubro nos EE.UU.) e entre os contidos adicionais na versión de 2 discos estaría unha aplicación de realidade aumentada que permitiría a reconstrución de Optimus Prime facendo uso dunha webcam e unha páxina web especial. Na edición de Blu-ray tamén haberá unha aplicación interactiva que permite personalizar o noso propio robot, de xeito que un dos mesmos pode desbloquear unha entrevista exclusiva a Michael Bay.
Os Transformers clásicos volven coma contido descargable
Compartir Este Artigo

