Satisfaction xa está dispoñible en exclusiva a través do Bazar de Xbox LIVEA vindeira semana chega ás tendas españolas o videoxogo Guitar Hero 5, pero ao saír nos EE.UU. o pasado día 1, comeza a chegar contidos descargables para o mesmo, destacando especialmente os temas Satisfaction, Under My Thumb, I’m Free, Prodigal Son e You Gotta Move dos Rolling Stones, estando as 2 últimas cancións á venda para Wii, Xbox 360 e PS3, mentres que as 3 primeiras están á venda en exclusiva no Bazar de Xbox LIVE por 160 puntos (1,92 euros) a canción ou 720 puntos (8,64 euros) o lote coas 5. Amais, os usuarios que reserven o Guitar Hero 5 nunha tenda Game antes do 11 de setembro recibirán de balde unha tarxeta cos códigos de descarga de Prodigal Son e You Gotta Move para Xbox 360 e PS3. Under My Thumb é outro dos temas dos Rolling Stones que poderán descargarse para o Guitar Hero 5