O xogo permite tomar o papel de jedi e soldado clonO usuarios Gold de Xbox LIVE poden descargar dende hoxe a demo de Star Wars The Clone Wars: Héroes de la República, que permite ao xogador tomar o papel de cabaleiros jedi e soldados clon seguindo a trama marcada pola serie de animación das Guerras Clon, e co detalle de poder xogar en colaboración cun amigo, que axude a derrotar os inimigos que van saíndo ao paso. A demostración dispoñible ocupa 463 Mb e permite probar o xogo tanto no papel de jedi coma no de clon, de xeito que podemos experimentar tanto no uso de espadas de luz, coma de distintas armas ou do poder da Forza.