Nos pasados días varias copias de Halo 3: ODST apareceron polas tendas de videoxogos francesas por accidente, xa que este título non debería pórse á venda ata o vindeiro día 22, o que fixo disparar todas as alarmas na división de videoxogos de Microsoft, aínda que advertiron de que non penalizarían aos usuarios de Xbox LIVE que mercaran a copia legalmente, pero estas copias do xogo comezaron pronto a circular tamén por redes P2P, de xeito que agora hai usuarios en moitos países que están a probar o xogo antes do seu lanzamento, pero de ousar a xogar en liña co mesmo arríscanse a ser vetados indefinidamente. De feito, dende Microsoft confirmaron que xa expulsaron de Xbox LIVE a 30 usuarios españois por xogar co Halo 3: ODST antes da súa chegada ás tendas locais.
A compañía de Redmond está a ser moi dura a este respecto, pois a filtración de xogos antes do seu lanzamento oficial supón un importante dano para a industria, e esta nova entrega da saga Halo é un dos grandes títulos da tempada de Nadal.
Microsoft toma medidas contra a filtración de Halo 3: ODST
Compartir Este Artigo

