Coma vén sendo habitual, aDeSe publicou a listaxe cos xogos máis vendidos en España durante o mes de agosto, confirmando a supremacía de Nintendo no noso mercado, pois a compañía nipona logrou ocupar 6 dos 10 primeiros postos, liderando a listaxe o novo Wii Sports Resort, título que podería manterse moi forte ata o Nadal.
Resulta máis rechamante que Los Sims 3, un xogo para PC, conseguise un segundo posto en vendas, seguido polos xa veteranos Wii Fit e Wii Play. O Mario Kart para Wii tamén conseguiu facerse cunha 6ª posición, mentres que os xogos para PS3 que tiveron boas vendas foron títulos rebaixados coma Killzone 2, Fallout 3 ou WWE Smakckdown vs Raw 2009 nas posicións 5ª, 8ª e 10ª.
A Nintendo DS tamén logrou colocar en boa posición a xogos para toda a familia como a conversión da película Up e El Profesor Layton y la Villa Misteriosa.
Nintendo continúa a dominar as vendas de videoxogos en España
Compartir Este Artigo

