Eddie Riggs será o personaxe dobrado por Santiago SeguraTim Schaffer, popular por xogos coma Maniac Mansion, The Secret of Monkey Island, Full Throttle e Grim Fandango, leva tempo traballando nun novo título editado por Electronic Arts, Brütal Legend, que pretende ser unha oda ao rock e ao metal, que pese ás súa estética non será un xogo controlable cunha guitarra de plástico coma os Guitar Hero, senón que tratarase dunha auténtica aventura con moito humor e que está protagonizada polo personaxe Eddie Riggs, interpretado por Jack Black na súa versión orixinal, pero que en España contará coa voz de Santiago Segura, coma podemos comprobar no primeiro trailer en español do xogo: