A campaña promocional do xogo Wii Sports Resort apostou por novos deportistas europeos para dar a coñecer as bondades do novo Wii MotionPlus e a súa aplicación para replicar distintos deportes, e así nas televisións pódese ver ao británico xogador de tenis de mesa Darius Knight, ao kendoka belga Wesley Haeke, á golfista inglesa Melissa Reid, o xogador de baloncesto italiano Danilo Gallinari e á arqueira Gema Buitrón, que coma comentan hoxe en La Voz de Galicia, é de As Pontes, e con só 20 anos xa conta con varios títulos na súa disciplina deportiva.
Actualmente está a compaxinar a súa actividade deportiva con estudos de Publicidade, e asegura que a rodaxe do anuncio televisivo deu bastante traballo, pois os deportistas participantes tiveron que desprazarse a Praga, onde estiveron durante unha semana para rematar con apenas 30 segundos de vídeo cada un.
| Anuncio televisivo de Wii Sports Resort |

