No nivel de dificultade dalgúns videoxogos pode ser un tanto desigual, de xeito que moitos usuarios topan en moitas ocasións con atrancos que impídenlles avanzar nas súas partidas, de aí que Nintendo estea a traballar nunha tecnoloxía chamada Super Guide, que sería algo semellante a colocar un xogo en piloto automático, e que podería activarse ao comezo dunha fase tras perder un mínimo de 8 veces na mesma, podendo retomarse o control en calquera momento.
Polo momento estase a probar este mecanismo no xogo New Super Mario Bros Wii, coma puideron comprobar dende Kotaku nunha demo, asegurando que este sistema aínda está lonxe de rematarse (de feito, nunha das probas o personaxe automatizado fracasou ao superar a fase conflitiva), pero que resultará moi atractivo para os xogadores aos que frustra non poder rematar un título, e que de ter boa aceptación podería rematar converténdose en todo un estándar para os xogos de Nintendo nos que tal función teña sentido (sería ridículo para xogos deportivos, mundos abertos e moitos outros xéneros).
Nintendo está a desenvolver un piloto automático para os seus xogos
Compartir Este Artigo

