Western Digital está a renovar os seus discos duros externos, destacando o feito de que a varios dos mesmos incorporoulles unha pantalla intelixente na que pode crearse unha etiqueta personalizada que lembre o que ten almacenado cada unidade incluso cando está apagada (emprega tecnoloxía de papel electrónico). Os discos My Book Studio e My Book Elite serán os que gocen desta rechamante prestación.
O My Book Elite véndese en tamaños de entre 640 Mb e 2 Tb, inclúe o software de copias de seguridade SmartWare e permite o uso de encriptación de 256 bits para protexer os datos almacenados no disco.
Pola súa banda, o My Book Studio está pensado no seu uso en ordenadores de Apple, estando dispoñible en tamaños de 1 ou 2 Tb e contando con conectividade USB 2.0 e FireWire 800. Esta unidade vén formatada para o seu uso en Mac, é compatible con Time Machine e tamén inclúe o software SmartWare e as posibilidades de encriptación do My Book Elite (de xeito que podemos entendelo como unha versión do mesmo adaptada para Mac).
Western Digital incorpora pantallas de papel electrónico aos seus discos duros externos
Compartir Este Artigo

