LG presentará no International Meeting on Information Display 2009 un prototipo dun lector de libros electrónicos con pantalla de 6 polgadas que destaca por incorporar un panel solar de só 0,7 milímetros de grosor e 20 gramos de peso para incrementar a autonomía do dispositivo.
Deste xeito, situar o lector ao sol durante entre 4 e 5 horas podería incrementar un día a duración da batería do lector de e-books. Queda por demostrar se este trebello carga a súa batería só ante unha luz intensa ou se chegaría coa luz ambiental, pero as vantaxes no tocante a mobilidade e respecto ao medio ambiente deste tipo de tecnoloxía parecen evidentes.
LG amosa un lector de e-books con cargador solar
Compartir Este Artigo

