Nintendo incorporou hoxe novos xogos nas súas tendas de descargas, de xeito que a partires de agora poden adquirirse en WiiWare os títulos Juegos de libros ilustrados: Una aventura desplegable e Protöthea e, mentres que á DSIware chegan os títulos Una pausa con… Brain Training e Combate Dragones,: Dragones e tamén temos como Shinobi diríxese decididamente ao Virtual Console Arcade, onde recuperan a este clásico. Os 5 xogos están á venda por 800 puntos Wii (uns 8 euros) cada un.
Pero hai que recoñecer que o título máis rechamante dos 5 non é outro que Una pausa con… Brain Training, que retoma a franquía de máis éxito na Nintendo DS, e que consiste en pequenos desafíos en base a palabras, debuxos e música.
Tamén parece igual de ambicioso Combate de Gigantes: Dragones, xogo de acción no que haberá que evitar que uns dragóns xunten forzas e fortunas para conquistar a terra.
DSiware recibe un novo xogo de Brain Training
Compartir Este Artigo

