Os xogos de karaoke para as consolas de videoxogos non son ningunha novidade, e mentres as consolas de Sony teñen os seus SingStar, e a Xbox 360 de Microsoft os seus Lips, para a Wii non había unha franquía exclusiva, de aí que Nordic Games anuncie que está a preparar We Sing, xogo que destacará por permitir a participación de ata 4 xogadores, con diversos modos de xogo (dúos, duelos, pasar o micrófono…).
Agárdase que este xogo saia á venda o vindeiro 13 e novembro xunto con 2 micrófonos de Logitech, e contando cun catálogo de 30 temas licenciados de formacións coma The Police, James Morrison, Coldplay, Lady Gaga, Duffy, Roxette, as Spice Girls ou Lili Allen.
Polo momento xa están confirmadas as seguintes cancións (moitas xa presentes noutros xogos musicais):

Primeiro trailer de We Sing
Anuncian o primeiro xogo de karaoke exclusivo para Wii
Compartir Este Artigo

