
Nas consolas de videoxogos domésticas non parecía ter moito sentido a incorporación de fases de bonus destinadas a sumar puntos, pero os usuarios que gozarán da saga de loita de Capcom en máquinas recreativas botaban en falta as pantallas nas que podían esnaquizar un coche ou unha serie de barrís que rodan cara a nós, aínda que non encaixasen na historia desta actualización do título para as consolas de alta definición.
É a revista Famitsu a que publica esta novidade nas súas páxinas, pero non só desvelan esa curiosa innovación, senón que tamén vemos que no xogo poderanse botar partidas en liña de 2 contra 2 e 4 contra 4, así coma tamén estará dispoñible a opción de ver repeticións dos combates.
Non son poucos os seguidores da franquía que séntense un tanto estafados coa chegada dunha revisión do Street Fighter IV coma xogo completo cando ben podería ser unha actualización descargable, de aí que Capcom pareza estar a esforzarse en incorporar non só novos personaxes para animar ao público a continuar a mercar as distintas entregas deste título.
Así era unha das fases de bonus do Street Fighter II
Super Street Fighter IV contará con fases de bonus
Compartir Este Artigo

